Ás veces buscamos o xeito de ir matándonos inconscientemente . O difícil sería a sinxeleza da vida , sempre que se houbese aprendido a vivila , que precisamente conleva desaprender moitos hábitos , actitudes e pensamentos..
Co doado que houbera sido usa-la libertade e a creatividade que cada un de nós posuimos de xeito innato , co importante que houbera sido aprender a escoitar , a escoitarse . E continuar ..
Hoxe non saín ó sol , mutilei o día pensando destructivamente . Que non hai pior arma masiva que certas mentes envenenadas .
O hastío e a preguiza son para min dous pecados condenabres , non atopo xeito de escapar deles . O tira e afrouxa do " quero e debo" , lévanme a unha parálise total de calquera acción , e logo o lema da Escarlata : Mejor mañana"...
Cando razoas que o mañá non existe , nin o onte , que só o agora , que a morte é a única certeza de vida , o único alicente de vida ... Moitos ou algúns dos que escoitan isto , e de xeito automático , repelen tal afirmación por molesta e descontextualizada , como se fose froito dun delirio , como se fose unha confesión tabú , como unha superstición ou un ataque ós pilares da seguridade e estabilidade que automáticamente estabrece a nosa mente , como mecanismo de supervivencia e ó mesmo tempo de alienamento .
Pensar é irremediabremente un acto da natureza do cerebro . Cómo pensar , é un acto aprendido , unha arma de defensa para abrirse paso ou para danar e danarse .
"Cógito ergo sum" : Penso , logo son ... Son o que penso ?
Entendo que a mente é unha besta que convén domar , é un mar cheo de riquezas pero tamén voraz , cheo de solucións os probremas que fabrica , de antídotos contra as enfermidades que propiamente xera .
É tempo de pensar en como pensar , de pararse a pensar no que se está a pensar e ... Ante todo actuar
INTERESANTE VELO BLOG : www.diariodeltoc.wordpress.com