domingo, 9 de mayo de 2010

A resposta ?

O que se diu en chamar miseria ben puidera tomar relación coa ignoracia e ésta ó seu tempo coa preguiza .

Boas!
Conto que me estarás a leer , se non é así , que se vaian estas verbas co vento Monzón e co aroma a outro corazón ( un pareado espontáneo) .

¿ Qué ocorre cando non sabemos algo?

Ocorre moito e aparentemente nada .
Un mecanismo cerebral desencadéase para buscar a resposta a unha pregunta formulada . Un mecanismo cerebral , non atopa a resposta . Un intre de incerteza e estrés neuronal e a consecuente acción : pasiva ou activa .

"A curiosidade matou ó gato" : Un dito popular que poida referirse á imprudencia , pero non , dende logo a "curiosidade vital , racional ...Chamémoslle Y . Esta clase de curiosidade é o impulso neuronal activo e sán que facilitou á especie humana o seu desenrolo e supervivencia .
Primeiro sempre foi satisfacer a necesidade , pero como animais racionais , precisamos "algo"máis para satisfacer a cuestión fundamental : O "Por qué".
Cando isto non ocorre ,cando podemos aprazar esa resposta e seguimos sobrevivindo ( a lo menos físicamente ) algo se vai mermando e atrofiando ata finalmente crear unha capa de costra tan grande que físicamente se converta en miseria : De corpos atrofiados , de estéticas horrendas e sobretodo de miseria de valores .

Non digo nada porque poida que semelle que xulgo allea a este ceminterio de vida , e non! Eu tamén paseo por entre ela . Ás veces rabuño unha boa capa de costra co picor que produce a curiosidade , pero máis de unha a lapido , igual que se aguantan as gañas cando unha aprende a facelo .

¿Qué ocorre cando non sabemos algo?
A miña resposta :
Que non existe , o mundo coñecido semella quedarse como está co hourizonte recortado nunha burbulla opaca onde a música é ruido , as palabras son ruido , a conviencia e a mente mérmanse baixo un ruido enxordecedor .
Entón ...

Un momento de silenzo para busca-la resposta .


P.D . Unha reflexión pode ser tan común coma o aire , e tan incerta coma o pensamento .
Con Amor
Marta

No hay comentarios:

Publicar un comentario